Comunicados convenio

  • A postura da patronal do Comercio Alimentación de Coruña é inaceptable e inasumible

    ·

    Na última reunión da mesa do convenio Comercio Alimentación Coruña a patronal calificou a nosa plataforma como "inasumible" alegando os seguintes motivos: A situación económica é moi mala. O IPC está disparado e polas nubes. Deste xeito non poderían competir coas outras empresas do sector. Porque cuantificado o seu custo, o importe de todas as melloras que pedimos, está por encima…

    Read More

  • Por que CCOO asina o convenio de Eroski?

    ·

    Como todos sabedes o pasado 28 de Xullo Fetico e UGT asinaron un preacordo para asinar un convenio cunha subida salarial do 1% ano o 2021 e 1% o 2022 na que se mantiña a non compensación e absorción de salarios por encima de 18.000€, ademais de adherirse ás nosas propostas de iniciar licenzas en…

    Read More

  • CCOO asina importantes melloras económicas e sociais no convenio de comercio téxtil de Ourense

    ·

    A Federación de Servizos de CCOO asinou hoxe canda outras organizacións o convenio do comercio téxtil da provincia de Ourense 2020-2022. Comisións, sindicato con máis representación na mesa de negociación, salienta que o novo convenio recolle un incremento salarial do 5 %, o que vai permitir rematar coa conxelación de salarios que padecía o persoal.…

    Read More

  • Primeira reunión do convenio de hostalaría de Lugo

    ·

    O pasado mércores 24 de Novembro tivemos a primeira reunión da negociación do convenio de hostalaría provincial de Lugo, logo da formalidade de constituir a mesa negociadora. Expuxemos a necesidade de actualizar o convenio tanto na súa parte social como na parte salarial, donde entendemos que os salarios non se corresponden ca media xeral da…

    Read More

  • Asinado o convenio colectivo do comercio de alimentación de Ourense

    ·

    Como principais características, o novo convenio terá vixencia para o período 2021-2024, reducirá a xornada laboral a 1812 horas anuais —equiparándose ao resto de convenios provinciais— e recollerá incrementos salariais por riba do 2,5 %. Ler máis O novo convenio consegue anticipar o peche dos días 24 e 31 de decembro ás 19:00, fixa no…

    Read More

  • Asinado o Convenio Comercio-Alimentación de Pontevedra

    ·

    O pasado venres 18 asinamos o convenio de Comercio Alimentación da Provincia de Pontevedra. Este novo convenio mantén o anterior convenio excepto nos seguintes aspectos: Ámbito territorial, persoal e funcional, no que se mellora a redacción para garantir a inclusión de tódalas actividades de comercio alimentación e gandería. Promoción profesional. Inclúese a promoción aos tres…

    Read More

  • Reunión da mesa do convenio de Comercio Alimentación Coruña

    ·

    Tras varias reunións, a patronal de Alimentación da Coruña teimaba en non entrar a discutir a plataforma sindical e só se dedicaba a informar sobre a situación económica xerada pola COVID-19, sobre o incremento de gastos en epi e a repercusión negativa nas vendas. Non tiña en conta o esforzo feito polos cadros de persoal,…

    Read More

  • Cuarta e Quinta reunión da Mesa do Convenio de Comercio Alimentación Pontevedra

    ·

    Nesta cuarta reunión por primeira vez a patronal presentou a súa proposta de negociación, na que modifica e fai unha distribución distinta do articulado do convenio que teremos que ver en profundidade. De inicio destaca a conxelación da antigüidade, a compensación e absorción das condicións máis beneficiosas, unha modificación dos grupos profesionais, en principio tendo como base o establecido…

    Read More

  • Constituída a Mesa do Convenio de Comercio Alimentación de Pontevedra

    ·

    O pasado 22 de xullo constituíuse a mesa do Convenio de comercio de alimentación da provincia de Pontevedra, que terá representación de CCOO e na que, coma en todas as ocasións que nos enfrontamos á negociación deste convenio, exporemos e defenderemos as nosas reivindicacións para facer que continúe mellorando. Nesta primeira reunión presentamos a nosa…

    Read More