Comunicado breve

  • Xornada sobre igualdade, acción sindical e comunicación

    ·

    Celebrada hoxe, dezasete de xuño, e organizada pola Federación de Servizos, o obxectivo deste encontro foi promover unha xornada de reflexión e análise dos recentes cambios lexislativos que afectan por un lado, ás medidas de igualdade e conciliación, e por outro ao incremento do salario mínimo interprofesional, establecidos respectivamente polos Reais Decretos 6 e 8/2019…

    Read More

  • Negociación do diagnóstico do I Plan de Igualdade de Zara Home España

    ·

    Tras producirse a constitución da mesa negociadora, acordamos na devandita reunión levar a cabo un calendario de traballo a fin de iniciar a negociación do Plan de Igualdade de Zara Home. Segundo este calendario, unha vez revisados os datos achegados pola empresa para realizar o diagnóstico de situación, a representación legal das persoas traballadoras debía realizar…

    Read More

  • CCOO vólvese a mobilizar en rexeitamento ás medidas forzosas do ERE de Caixabank

    ·

    Non basta con retirar as extincións forzosas, é necesario evitar unha purga coa mobilidade forzosa. O persoal de CaixaBank segue baixo a ameaza de mobilidades forzosas e cambios das súas condicións laborais. Por iso, o persoal de CaixaBank mobilizouse hoxe, 24 de abril, para manifestar o seu máis absoluto rexeitamento nas sedes de todas as Direccións Territoriais,…

    Read More

  • CCOO alerta da posible perda de emprego en Unitono en Ourense e critica a Naturgy pola deslocalización de traballo

    ·

    A Federación de Servizos de CCOO alerta da posible perda de emprego en Unitono no seu centro de chamadas de Ourense e critica a Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa) pola deslocalización de traballo que se presta actualmente desde Galicia. Segundo o sindicato, a empresa atribúelle á eléctrica a decisión de levar fóra da comunidade autónoma…

    Read More

  • Nova xornada de folga en Bosch Service Solutions

    ·

    Con esta convocatoria, o comité rexeita o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) presentado pola empresa, cuxa negociación finalizou sen acordo. O ERTE abranguerá de xaneiro a xullo deste ano, afecta a case 650 traballadores e traballadoras e xa provocou a finalización de douscentos contratos temporais de persoal externo. Desde o comité de Bosch sosteñen que o ERTE non está…

    Read More

  • Concentración contra o ERTE anunciado por Bosch en Vigo

    ·

    Hoxe venres, quince de marzo, concentrámonos diante de Bosch Services Vigo para expresar o noso rexeitamento polo ERTE anunciado para ese centro de traballo.   A empresa achegou documentación xustificativa para esta regulación de emprego. Con todo, para nós non abonda, xa que se alude a causas organizativas que non fican demostradas sobre o papel.…

    Read More