Accion sindical

  • 22M: Seguimento masivo da folga na Banca, cunha participación do 75,8%

    ·

    Un 75,8% das 80.000 persoas traballadoras da Banca secundaron a folga hoxe venres 22 de marzo. Agradecemos expresamente ao persoal do sector o seguimento dunha convocatoria histórica. Exiximos ao Banco Santander, BBVA, Banco Sabadell, Bankinter, Deutsche Bank e ao resto de entidades da AEB que escoiten a mensaxe principal que trasmitiron os seus cadros de persoal: que…

    Read More

  • Folga e manifestación na Coruña pola recuperación do poder adquisitivo en DXC Technology

    ·

    As seccións sindicais de Comisións Obreiras (CCOO) e outras organizacións convocamos en todo o Estado folga e mobilizacións pola recuperación do poder adquisitivo en DXC Technology, empresa multinacional de consultoría e tecnoloxía da información. A compañía dá emprego en todo o Estado a unhas 7500 persoas e presta servizos ás principais empresas do sector bancario, enerxético…

    Read More

  • Bloqueo no convenio de oficinas e despachos de Pontevedra

    ·

    O 19 de marzo celebrouse a última reunión da mesa negociadora do convenio de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra. Unha vez máis a patronal veu dicir que a súa liña vermella é a eliminación da antigüidade e que non se podería avanzar na negociación mentres a parte social non estea disposta a eliminala.…

    Read More

  • Convenio BANCA: A negociación non avanza

    ·

    Continuamos a celebrar reunións sen avances, deixando patente a estratexia patronal de alargar as negociacións. Lamentamos ver que mentres outras patronais optimizan as reunións con avances significativos ou conseguindo pechar preacordos en materia salarial, AEB continúa xogando a dilatar a negociación, o que xera malestar nas plantillas e non dá traslado á recuperación salarial que…

    Read More

  • Alcanzamos PREACORDO no Convenio Colectivo de Aforro

    ·

    O preacordo acadado, no día de hoxe, na mesa de negociación do Convenio Colectivo de Aforro 2024-26, recolle entre outros puntos Un incremento en 3 anos do 11% – 14% máis un pago único do 3% do Nivel VI Ademais, 3 días adicionais de libre disposición (1 cada ano) Garántese a aplicación dos incrementos de…

    Read More

  • Concentración contra a destrución de emprego en Teleperformance Coruña

    ·

    O comité de empresa de Teleperformance na Coruña, comprometido coa defensa dos dereitos laborais e a estabilidade dos traballadores, celebramos hoxe luns, once de marzo, unha concentración de delegadas e delegados de 13 a 14 horas, fronte ás instalacións da empresa. Esta acción ten como obxectivo denunciar a destrución de emprego na delegación coruñesa, así como visibilizar a…

    Read More

  • Concentración o vindeiro luns contra a destrución de emprego en Teleperformance

    ·

    O comité de empresa de Teleperformance na Coruña convoca unha concentración de delegadas e delegados o vindeiro luns, 11 de marzo, das 13 ás 14 horas fronte ás instalacións da empresa. Con esta acción queremos denunciar a destrución de emprego na delegación coruñesa da compañía. «Fomos espectadores da desaparición de servizos históricos nesta delegación», o que…

    Read More