ccooservicios

  • Continuaremos a loita polos dereitos das persoas traballadoras de Paradores

    ·

    En reunión da Sección Sindical de CCOO de Paradores de Galicia, analizamos o estado da situación despois da concentración do pasado 29 de maio en Madrid e as posibles actuacións futuras. A valoración que facemos desta concentración en Madrid é totalmente positiva. CCOO conseguiu reunir a un número importante de persoas traballadoras de Paradores (a…

    Read More

  • Avanzando na igualdade das persoas LGTBI no traballo

    ·

    Este 26 de xuño, CCOO asinou o acordo contra a discriminación das persoas LGTBI+ no ámbito laboral. As empresas con máis de 50 persoas asalariadas estarán obrigadas a aplicar medidas e protocolos contra a violencia e o acoso ás persoas LGTBI+. No ano 2011, o Consello de Dereitos Humanos da ONU aprobou a primeira resolución en…

    Read More

  • Iván Cordeiro, novo Secretario Xeral da Federación de Servizos das CCOO de Galicia

    ·

    No consello extraordinario celebrado onte, Iván Cordeiro foi elixido por unanimidade como novo Secretario Xeral da Federación de Servizos das CCOO de Galicia. As primeiras palabras do novo Secretario Xeral foron para agradecer e recoñecer o traballo realizado pola anterior Secretaria Xeral, Lucía Trenor. Esta compañeira, tras 17 anos en CCOO e 8 dirixindo con…

    Read More

  • Convocatoria á asemblea/plenario de Caixabank Galicia

    ·

    De conformidade co disposto nas normas aprobadas pola Comisión Executiva da Federación de Servizos de CCOO de Galicia, convocamos á  afiliación á Asemblea/Plenario da afiliación de CCOO de CAIXABANK en Galicia para a elección dos órganos de dirección da Sección Sindical en dita comunidade e a Delegación polo territorio de Galicia que asistirá ao Plenario Extraordinario da Sección Sindical…

    Read More

  • Mobilizacións para denunciar as condicións de traballo en Universal Support

    ·

    As principais denuncias do comité teñen que ver coa precariedade na contratación, xornadas parciais, modificación de horarios a criterio da empresa ou o elevado risco psicosocial. Por esta razón, concentráronse durante a mañá diante da oficina do Banco Santander no Cantón Grande, n.º 4 (A Coruña) Actualmente, a empresa conta en toda a provincia da Coruña…

    Read More

  • Unidas e unidos por un traballo digno: As demandas dos Contact Center galegos

    ·

    Hoxe celebramos unha asemblea de delegados e delegadas de Contact Center de CCOO Servicios Galicia na que se abordaron e analizaron diversos temas que preocupan fondamente as persoas traballadoras do sector. Entre os principais asuntos, destacamos a elevada temporalidade nos nosos cadros de persoal, un problema que afecta á estabilidade laboral e á calidade de vida de moitas persoas…

    Read More

  • O persoal de DXC Technology convoca tres xornadas de folga desde o luns e concentracións diante dos principais clientes

    ·

    O persoal de DXC Technology na Coruña e Santiago convoca tres xornadas de folga, coincidentes coas que haberá no resto de centros de traballo no Estado. Comezarán o vindeiro luns, día 3 de xuño e continuarán o 4 e o 5. Asemade, comezarán a protestar diante dos principais clientes da empresa. De feito, o luns concentraranse…

    Read More

  • Primeira reunión da negociación do XIX Convenio TIC. CCOO presentamos a nosa proposta

    ·

    Hoxe, 30 de maio de 2024, tivo lugar a primeira reunión da mesa negociadora do XIX Convenio de Consultoría, Tecnoloxías da Información, Estudos de Mercado e da Opinión Pública. Desde CCOO presentamos á mesa unha proposta de negociación organizada en dúas fases:   Primeira fase: Negociación Táboas Salariais 1. Táboas salariais. Incremento mínimo dunha porcentaxe…

    Read More

  • Denunciamos a parálise dos convenios do sector dos servizos en Lugo

    ·

    Este mércores denunciamos o bloqueo que padecen os convenios colectivos da provincia de Lugo no ámbito desta federación e pedimos a intervención do Consello Galego de Relacións Laborais. Así o explicamos nunha conferencia de prensa na que interviñeron a secretaria xeral de CCOO-Servizos, Lucía Trenor, o secretario de Acción Sindical, Juan Zas, e o secretario xeral de CCOO…

    Read More