Unha mediación agora é unha burla As mediacións pídense cando a negociación está avanzada. É unha irresponsabilidade usar as institucións que pagamos entre todos para disimular que a patronal non quere negociar condicións dignas.
SEIS REUNIÓNS e seguimos en CERO! Van SEIS REUNIÓNS!!! E a patronal non ofreceu nada relevante.
As súas escusas non se sosteñen:
- Só se fixan na competencia que paga menos e esquecen a que paga máis. Por que?
- Presumen de ter mellor «modelo comercial», pero din que por iso non poden pagar máis.
- Os beneficios aumentan ano tras ano de forma escandalosa e nós sen chegar a fin de mes.
A súa oferta = PERDER CARTOS Ofrecen subas por debaixo do IPC. Iso significa perder poder adquisitivo automaticamente.
E a conciliación?: NADA Cales son esas melloras sociais das que presumen? NECESITAMOS TRABALLAR MENOS HORAS E CON MÁIS DESCANSOS. Diso non ofrecen NADA.
A hipocrisía e o cinismo da patronal. A poucos km, as mesmas empresas pagan moito máis: ata 7 cuadrienios de antigüidade cun 6% de incremento cada un!!! Se en Pontevedra poden, por que aquí NON DAN NADA?
Con NADA riba da mesa, pedir mediación é unha falta de respecto.
29 DE MAIO, FOLGA!!
CIG, UGT, USO SERVICIOS, CCOO servizos

