Os sindicatos CIG, CCOO e UGT presentamos a plataforma conxunta coas reivindicacións e propostas para a negociación do Convenio Colectivo de Comercio Vario da provincia da Coruña para o período 2026-2028.
O obxectivo desta plataforma é mellorar as condicións salariais, garantir a conciliación da vida laboral e familiar, e reforzar a estabilidade e os dereitos de todo o persoal do sector.
1. Incrementos Salariais e Retribucións
A mellora do poder adquisitivo das traballadoras e traballadores é un dos eixos fundamentais da negociación:
- Subida salarial xeral:
- 2026: 7%
- 2027: 5% (con cláusula de revisión ao IPC real retroactiva a final de ano).
- 2028: 5% (con cláusula de revisión ao IPC real retroactiva a final de ano).
- Traballo en domingos e festivos: Aumento da retribución a 80 € (2026), 90 € (2027) e 100 € (2028), co recoñecemento expreso como xornada extraordinaria. A elección da traballadora, poderase compensar en tempo de descanso cun incremento do 100% (2 horas por cada hora traballada).
- Complementos retributivos e pluses:
- Plus de tardes: 10 €/hora a partir das 20:00.
- Plus de sábados: 10 €/hora a partir do terceiro sábado traballado no mesmo mes (ou compensación en tempo de 2 horas por cada hora traballada, a elección da persoa traballadora).
- Nocturnidade: Incremento do 100% sobre a hora ordinaria a partir das 22:00.
- Días especiais (24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro): 12 €/hora a partir das 14:00.
- Grandes empresas: Ampliación do complemento a todos os sectores e empresas que superen os 50 millóns de euros de facturación.
- Plus de permanencia: Incremento até os 80 €.
- Plus de transporte: Garantía de pago completo independentemente de ter un contrato a tempo parcial.
2. Xornada Laboral, Calendario e Descansos
A plataforma aposta pola redución da Xornada Anual e a mellora da xestión do tempo de traballo:
- Redución da xornada anual: 1.750 horas en 2027 e 1.715 horas en 2028.
- Limites á fraccionación: As xornadas iguais ou inferiores a 4 horas non se poderán fraccionar.
- Descanso retribuído: 30 minutos considerados como tempo de traballo efectivo para xornadas a partir de 6 horas, e 20 minutos para xornadas inferiores a 6 horas.
- Calendario e fins de semana:
- Calendarios anuais cunha distribución irregular máxima do 5%.
- Garantía de mínimo 12 sábados libres ao ano.
- Saída ás 15:00 os días 24 e 31 de decembro.
- Plus do 150% sobre a hora ordinaria (ou 2 horas de descanso por hora traballada) para prolongacións de xornada na tarde do 5 de xaneiro.
- Vacacións: 35 días naturais ao ano, garantindo un mínimo de 21 días entre o 21 de xuño e o 15 de setembro. Estableceuse unha gratificación de 10 €/día por cada día gozado fóra do período estival (entre o 31 de outubro e o 28 de marzo).
3. Contratación, Estabilidade e Promoción Profesional
Proponse a eliminación da precariedade nos contratos a tempo parcial e a mellora das categorías:
- Contratos a tempo parcial: Xornada mínima de 27 horas semanais.
- Dereito preferente a ampliar xornada: Mellora do artigo 15 para que o persoal a tempo parcial teña preferencia absoluta para aumentar a súa xornada fronte a novas contratacións en vacantes dispoñibles.
- Consolidación de horas complementarias: Consolidación do 50% das horas complementarias ou ampliacións temporais realizadas no ano natural anterior.
- Contratos formativos: Cobro do 100% da retribución fixada para o seu grupo profesional e nivel retributivo.
- Promoción profesional e categorías:
- Desaparición das categorías de moza/o de almacén e auxiliar de caixa.
- Equiparación salarial do persoal de almacén ás dependentas.
- Promoción automática por antigüidade (de Mozo/a a Oficial 1ª e de Auxiliar Administrativo/a a Administrativo/a).
- Remodelación e mellora dos niveis salariais nos postos de responsabilidade en tenda (Encargado/a, Segundo/a Encargado/a e Xefe/a de Sección).
4. Licenzas, Permisos e Conciliación Familiar
Avanzase na protección da saúde e o coidado de familiares:
- Licenza por enfermidade grave ou falecemento de familiares: 6 días laborábeis descontinuos mentres dure o feito causante para parentes de até 2º grao (inclúe desprazamentos). 1 día laborábel por falecemento de familiares de 3º grao.
- Acompañamento médico: 40 horas ao ano para acompañar ao médico a fillos/as menores de 15 anos ou parentes de até 2º grao que o necesiten.
- Lactación: Ampliación da licenza até os 12 meses do bebé.
- Outros permisos: 1 día máis de asuntos propios e posibilidade de permiso non retribuído de até 4 meses.
- Xubilación parcial e redución de xornada: Obriga das empresas de aceptar as solicitudes de xubilación parcial e adaptación para maiores de 55 anos.
5. Outros Dereitos e Salud Laboral
- Axuda escolar: 100 € no mes de agosto por cada fillo/a en etapa de ensino obrigatorio.
- Complemento de vestiario: 50 €/semestre para empresas que non subministren calzado laboral.
- Desconexión dixital: Prohibición explícita de enviar mensaxes ou correos electrónicos fóra do horario de traballo.
- Seguro colectivo: Ampliación de coberturas a enfermidades profesionais/comúns e accidentes non laborais, aumentando o capital a 35.000 € (2027) e 40.000 € (2028).
- Saúde laboral e protocolos: Adaptación de posto obrigatoria en almacéns para eximir de tarefas penosas de carga, e inclusión de protocolos específicos para a LGTBI, Intelixencia Artificial (IA) e suspención por risco no embarazo.

